Guia docente 2019_20
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Instalacións industriais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Realización dun exame no que se incluirán aspectos de toda a materia, tanto teóricos como de carácter práctico. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 40
CG3
CE38
CE40
CE41
CE42
CT1
CT5
Presentación Como emisor: Valorarase a organización e síntese do material presentado, a claridade na exposición e a resposta ás preguntas realizadas. Como receptor: Valorarase a participación no turno de preguntas despois da exposición dos compañeiros, considerando os comentarios/cuestións realizadas. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 15
CB4
CG2
CG3
CT1
CT3
Traballo tutelado Valorarase a elaboración do documento, tendo en conta as fontes de información empregadas, a información presentada, a súa organización e correcta redación. Con esta metodoloxía avaliaránse todos os resultados da aprendizaxe. 15
CB4
CG3
CT1
Seminario Resolución autónoma, tanto en aula como fora de aula,
dos exercicios e estudos de casos prantexados. O alumno pode ter apoio/orientación nas horas de titoria
ou a través da plataforma de teledocencia de Universidade de Vigo.
Con esta metodoloxía evaluaránse todos os resultados da aprendizaxe
30
CB4
CG3
CE38
CE40
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  1. É necesario aprobar o exame de toda a materia (obter un mínimo de 5 puntos sobre 10). De non superarse esta cualificación mínima, a cualificación da materia será a que corresponde a este exame, ca correspondente ponderación.
  2. No caso de alumnos que non asistan ás metodoloxías de "seminarios" (Entrega dos exercicios plantexados para a súa resolución) terán a posibilidade alternativa de realizar un exame adicional, na mesma data que o exame xeral, que incluirá cuestións ou problemas relacionados cos aspectos da materia tratados nos exercicios antes mencionados.
  3. No caso de alumnos que non asistan presencialmente ás metodoloxías de "Presentacións/exposicións" poderán subir un video gravando a súa exposición á plataforma de teledocencia, e posterior contestación via chat ou mensaxe as preguntas plantexadas polos compañeiros e polo profesor. Aternativamente poderán suplir a non asistencia mencionada intensificando a participación en "Traballos tutelados", apartado éste que pasará a ter unha cualificación de 30% neste caso. 
  4. En Xullo o alumno poderá obtar por examinarse das partes do exame ou das metodoloxías que non superara na convocatoria de Xuño, ou ben daquelas que desexe superar a súa anterior cualificación obtida na convocatoria de Xuño. Asignaráselle a maior das cualificacións obtidas para cada metodoloxía nas dúas convocatorias.
  5. Aqueles alumnos que tendo feito menos do 30% das metodoloxías "seminarios" (Resolución e entrega dos exercicios propostos),  "traballos tutelados" e  "Presentacións/exposicións" e non se presenten aos exames, a cualificación que obterán será a de "non presentado". Nos demáis casos aplicaráse a cualificación obtida seguindo as ponderacións e requisitos expostos.
  6. A comunicación cos alumnos realizaráse a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo.
  7. Aqueles alumnos que se presenten á convocatoria "Fin de Carreira", a súa cualificación corresponderá ca obtida no exame, que incluirá aspectos relativos a conceptos abordados nas clases expositivas, problemas e/ou exercicios resoltos en clase, e exerciciós ou temas propostos para realización fora de aula e posterior entrega.
  8. Datas oficiáis previstas para a realización dos exames: 23 de Xaneiro de 2020 ás 10.00 e 25 de Xuño de 2020 ás 10.00. A data para a realización do exame da convotoria "Fin de Carreira" é o 2 de Outubro de 2019 as 10.00. Ante posibles modificacións, comprobar as datas no taboleiro e na web do Centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000