Teoría e práctica da tradución técnico-científica na combinación lingüística inglés-galego (tradución directa e inversa). É obxectivo fundamental da presente cadeira a capacitación do alumno para traducir con fidelidade comunicativa e corrección expresiva textos especializados dos campos da Matemática, das Ciencias Naturais e da Técnica entre inglés e galego, recoñecendo as características básicas dos diferentes xéneros textuais e linguas especializadas.