Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
Fundamentos da tradución técnico-científica (entre inglés e galego) Concepto e división da Matemática, das Ciencias Naturais e da Técnica. Lingua xeral e linguas especializadas técnico-científicas. Habilitación en galego das linguas especializadas técnico-científicas. Tipoloxía dos textos técnico-científicos. Tipoloxía da tradución técnico-científica. Modificacións substanciais na tradución comunicativa de textos técnico-científicos e tratamento tradutivo das discordancias interculturais. Ferramentas de traballo e documentación do tradutor.
Tipo textual dos xéneros compilatorios Características do xénero textual «(artigo de) enciclopedia» en inglés e en galego. Problemas e estratexias de tradución.
Tipo textual dos xéneros didáctico-instrutivos Características dos xéneros textuais «manual de instrucións de utilización de produto da técnica» e «artigo de divulgación técnico-científica» en inglés e en galego. Problemas e estratexias de tradución.
Tipo textual dos xéneros orientados para o avanzo do coñecemento Características do xénero textual «artigo de revista especializada» en inglés e en galego. Introdución á tradución técnico-científica inversa galego-inglés.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000