Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés/V01G230V01103
Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés/V01G230V01203
Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés/V01G230V01303
 
Outros comentarios
É obrigatorio para todo o alumnado subir unha foto á plataforma de teledocencia durante a primeira semana de clase. A foto debe ser tipo carné ou suficientemente clara para apreciar a cara da/o estudante. Non se publicarán as notas de avaliación do estudantado que non proporcione foto. Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia. O alumnado que non posúa o nivel de partida (C1) terá que procurar formación en inglés pola súa conta. O traballo diario e autónomo do alumnado resulta imprescindible para seguir e superar a materia. Debe terse en conta que as horas de clase na aula non son máis que parte das horas totais de traballo necesarias para superar a materia; en ningún caso representan a totalidade de horas que o alumnado deberá dedicarlle a esta materia. Neste sentido, é altamente recomendable que o material manexado polo estudantado non se limite ao visto nas sesións presenciais. Recoméndase dedicarlle tempo á lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, a vídeos, películas, series en lingua inglesa, etc. Cómpre recordar ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia. Durante as clases o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (teléfono, tableta, PDA ou similares) nin ordenadores, a non ser que o profesorado permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores, etc.). É responsabilidade do alumnado dispoñer dos medios telemáticos precisos para levar un bo seguimento da materia e das posibles probas de avaliación. En caso de ter algún problema de tipo técnico que dificulte o acceso á docencia virtual, o alumnado debe poñelo canto antes en coñecemento dos servizos técnicos da universidade (SAUM), onde poderá recibir asesoramento. Os criterios aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus, etc.). É responsabilidade do alumnado alleo ter coñecemento das datas de avaliación e da súa compatibilidade cos prazos de actas na universidade de orixe. En caso de non poder acceder á plataforma de teledocencia, o alumnado alleo deberá contactar co profesorado da materia canto antes.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000