A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS: O estudantado poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2) e ten que comunicarse ao profesorado da materia antes da fin da segunda semana de clase. A.1) Avaliación continua Avaliación continua na primeira edición das actas. Recoméndase a avaliación continua e o traballo diario na materia, xa que o estudo constante e progresivo é o sistema máis axeitado para a aprendizaxe dun idioma. Para acollerse ao sistema de avaliación continua, se recomenda ao alumnado asistir e participar con regularidade ás sesións presenciais, tanto teóricas como prácticas así como realizar as tarefas e exercicios que se lle requiran. Recoméndase acollerse a este sistema e para superar a avaliación continua será necesario: 1) Aprobar cada unha das destrezas comunicativas (reading: 25% and writing: 35%) e a destreza lingüística (use of English: 40%). Na segunda edición de actas (xullo) o estudantado só terá que presentarse ás destrezas suspensas. 2) Realizar 4 traballos escritos (35%), 1 proba de expresión escrita baseada na comprensión do libro de lectura (10%) e 3 probas de comprensión escrita (25%). As datas da realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic. 3) Aprobar unha proba final que constará dun test de resposta curta sobre os contidos lingüísticos (use of English: grammar and vocabulary). Esta parte computará o 40%. A proba final realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT. Para superar a materia, o estudantado ten que aprobar todas as partes cunha nota mínima de 5. A avaliación continua do estudantado require que o alumnado demostre as súas capacidades con regularidade ó longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clase non son recuperables. As probas e os traballos que os alumnos non realicen ou non entreguen contarán como un 0. A.2) Avaliación única O estudantado que non realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das seguintes partes: - Use of English (40%), writing (35% incluíndo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio), reading (25%). Para superar dita proba o estudantado ten que aprobar todas as partes cunha nota mínima de 5. Conservaranse as partes aprobadas para a segunda edición das actas en xullo. O exame realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta de FFT, coincidindo coa proba final de avaliación continua. B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo): O estudantado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición das actas: - Use of English (40%), writing (35% incluíndo unha tarefa sobre o libro de lectura obligatorio), reading (25%).
Para superar esta avaliación o alumnado ten que aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada na paxina web. Todas as probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “Cambridge Proficiency in English” e as indicacións fixadas para o nivel C2 no Marco Europeo de Referencia para o Ensino das Linguas. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador, tableta ou conexión a internet ou outros medios electrónicos. O plaxio total ou parcial nos traballos entregados suporá o suspenso automático na materia. |