A materia de Proxectos Gráficos Dixitais está centrada na creación de obra gráfica xerada por medio de procesos dixitais ou técnica mixta que involucre procesos dixitais, así como na arte múltiple ou potencialmente múltiple creada mediante procesos reproducibles. Proxectos Gráficos Dixitais está deseñada para que conflúan nela contidos comúns de arte gráfica dixital, técnicas gráficas, fotografía, deseño gráfico e editorial, libro de artista, ilustración e cómic, aplicados á arte contemporánea. Por tanto, esta materia enténdese como unha materia optativa de 4º curso na que, tomando como fío condutor a obra de arte múltiple, preténdese desenvolver un proxecto gráfico seriado e potencialmente reproducible. Asómesmo, dado o seu claro enfoque proxectual, tende unha ponte entre as materias de Técnicas gráficas (2º curso) e Produción Artística: Imaxe II (3º curso) co Traballo Fin de Grao (4º curso).
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.