Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos gráficos dixitais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe baseado en proxectos A materia de “Proxectos gráficos dixitais”, encádrase dentro dos procedementos de creación de obra artística xerada desde os sistemas electrónicos e numéricos. Desenvolve o labor creativo del alumno en tres vertentes: estéticas contemporáneas e pensamento actual das obras de arte múltiples; tecnoloxías aplicables á produción; posprodución e exhibición das obras e proxectos artísticos do ámbito gráfico. Establece un enlace coas materias impartidas no segundo ano de grao en “Técnicas gráficas” e prepara os proxectos de investigación que se desenvolverán nos mestrados e doutoramentos do posgrao. Campus remoto e correo electrónico será o vehículo de comunicación no caso de peche da actividade docente. A ferramenta dispoñible na UVIGO e o correo electrónico serán tamén vehículos para a comunicación entre profesor e alumno.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000