Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos gráficos dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Formulación do preproxecto, discusión, revisión e cualificación do proxecto que se desenvolverá durante o cuadrimestre.

• Presentación e defensa do proxecto en público usando un modelo de presentación audiovisual ou multimedia.

• Aprobación e posta en acción do proxectado.
50 C9
C19
C20
C31
C32
C34
C42
C43
C44
Lección maxistral Sesión maxistral:
Forma parte das achegas xeradas interactivamente na aula de formación teórico-práctica que se sitúan no primeiro período de traballo do cuadrimestre. Compóñense de postas en escena de carácter audiovisual nas que o profesor sitúa o alumno no ambiente dos medios que se empregarán na materia de “Proxectos gráficos dixitais”. Así mesmo, mostra obras e propostas, desenvolvidas por artistas gráficos, tanto desde a formulación conceptual como aqueles aspectos de desenvolvemento técnico, ata a súa posprodución e exhibición. Faise unha revisión histórica razoada das artes gráficas baixo un punto de vista creativo, que teñen desembocado nos novos medios gráficos dixitais, o emprego da infografía e a edición e ilustración dixital destinados á xeración de obras de arte e difusión dos movementos artísticos actuais, principais eventos, artistas e obras destacadas, tecnoloxías e medios, especificacións e metodoloxías de traballo. As sesións son abertas ás achegas do alumnado. Inclúense, ademais, as incursións realizadas polos alumnos nas súas buscas de información e enriquecemento dos seus proxectos persoais que son expostos e discutidos en grupo e guiados polo profesor.
50 C1
C2
C5
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN

A avaliación é considerada nesta guía como un proceso formativo máis no seguimento dos obxectivos aos que se aplica unha metodoloxía adaptada aos perfís formativos, coincidente coas propostas do alumnado, así como os resultados que se obterán na materia, que sirve de orientación aos logros persoais acadados polos discentes, de modo que saiban organizar a súa tarefa eficazmente, enfrontando o factor fracaso ou, no seu caso, a baixa cualificación, coa corrección de metodoloxías e actitudes de pobre resultado ou carentes da efectividade temporal establecida polo programa. O obxectivo da avaliación adáptase ao calendario docente e informa ao alumnado de cal é o seu grao de excelencia con respecto á materia.

O proceso de avaliación é continuo desde os seus comezos e concrétase especificamente en:

· Formulación do preproxecto, discusión, revisión e cualificación do proxecto que se desenvolverá durante o cuadrimestre.

· Presentación e defensa do proxecto en público usando un modelo de presentación audiovisual ou multimedia.

· Aprobación e posta en acción do proxectado.

A entrega será única ao final do período e a proposta/obxecto artístico xerado deberá axustarse aos obxectivos e intencionalidades do proxecto, así como ás especificidades do bloque de contidos temáticos e os obxectivos da materia.

Todos aqueles alumnos que non acaden unha nota suficiente poden presentarse ao exame final de febreiro, que consistirá na presentación do proxecto persoal e a realización posterior en forma de produción/post-produción da formulación/obxectualización gráfica, acorde cos modelos estéticos e de desenvolvemento práctico presentados na materia de “Proxectos gráficos dixitais”.

O exame correspondente a xullo do presente ano terá os mesmos requisitos que os necesarios para o exame final da materia no cuadrimestre e requirirá do alumno o coñecemento do temario da dita materia que figura na guía docente.

Probas de avaliación de convocatorias extraordinarias

http://belasartes.uvigo.es/bbaa/index.php?id=31

Matéñense as mesmas probas de avaliación e as mesmas porcentaxes:
90% Traballo tutelado (50% seguimento do traballo desenvolvido + 40% Presentación final do proxecto).
10% Asimilación dos contidos das clases maxistrais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000