Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Proxectos gráficos dixitais
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1
Que significa multiplicidade hoxe. A idea de gráfica dixital actual.
A- A estampa dixital. As novas estéticas da discretización na gráfica contemporánea.

SUBTEMA 1
A noción de pegada no campo expandido da gráfica actual. A matriz intanxible fronte ao soporte material. Estéticas contemporáneas da gráfica electrónica.
TEMA 2
Máquinas de debuxar/imprimir: gravar sen incidir e imprimir sen presión. Redefinicións do contacto por impresión.
A- Dixitalidade e analoxía na creación de imaxes para impresión. Orixinal e copia.
B- Discrepancias, resolución y acutancia na captación e escaneamento de orixinais.
C- Maquinarias e útiles aplicables á obra de arte gráfica contemporánea.
D- Perfís cromáticos, espectrofotometría, tramado, análise de cor e separacións tonais, fotolitos,etc.
E- O traballo con arquivos, interpolación, tratamento, compresores e extensións dixitais para a súa impresión.
F- Soportes para impresión: composición e enfebrado, coatings, sizings, aparellos. Coeficientes de absorción. Influencia do recubrimento nos perfís cromáticos.
G- Tinturas. Dyes, water base, ecosolvent. Solvent. ROM. Ultraviolet. H- Post-produción. Relevos, cuños, preparacións e proteccións finais.

SUBTEMA 2
O pensamento derivado do maquinismo. Evolución da ferramenta á máquina. A impresión da luz. Métodos derivados da acción fotovoltaica fronte á impresión química. Os sistemas alfanuméricos e a colorimetría. Análise da cor-luz e a cor impresa. Soportes lumínicos e soportes materiais na gráfica actual.

TEMA 3
O múltiple como proxecto artístico.
A- Reprodución, similitude, imitación, seriación, escalabilidade.
B- O orixinal múltiple. Monoprint e Monotype.

SUBTEMA 3
Especularidade e direccionalidade. A obra única reproducible. Estéticas do múltiple e o imprimible. Orixinalidade multiplicada. O sentido da complexidade.
TEMA 4
Ideas estéticas relacionadas cos conceptos de estampa dixital, orixinal e copia. Redefinicións e cuestionamento da autoría (Copy-Left) na multiplicación e difusión da obra de arte impresa por medios dixitais.
A- Infografía e arte gráfica. Mapas dixitais e gráficos vectoriais. A arte da estampa e os novos medios expositivos. A arte como espectáculo/consumo e a multiplicidade como difusión/tridimensionalidade da impresión. A gráfica dos grandes formatos.
B- O libro ilustrado e o libro de artista na era da reprodutibilidade mecánica. A edición de estampas e ilustracións en soporte dixital.
C- Collage e photomontage dixital/analóxico. Recursos de fotocomposición, alternancia e duplicación.
SUBTEMA 4
Estruturalismo e pensamento serial. A deconstrución como punto de partida da desauratización. Gilles Deleuze e a estética das diseminacións. Rosalind Krauss e o campo expandido da arte. Principais teóricos do significado da obra de arte múltiple actual: Walter Benjamin, Marshal McLuhan, Alan Sokal, Humberto Ecco.
TEMA 5
Ilustración, collage, apropiación. Exploración dos límites escultóricos dos ámbitos gráficos. O pensamento gráfico e a súa relación coa perpetuación da memoria.
A- Instalacións, recorte, medios adhesivos e lumino-transparentes.
B- O gravado dixital sobre materiais metálicos, plásticos e pétreos. Creación de matrices non destinadas á estampaxe.
SUBTEMA 5
Aplicacións dos métodos numéricos na creación de obras de arte impresas. O orixinal múltiple e a produción. Procedementos creativos da repetición, repetibilidade e iteración.

TEMA 6
Recursos de estampaxe mixta sobre distintos soportes.
A- Tolerancias e interaccións entre soportes/tintas de impresión. Relevo e gofrados. Métodos indirectos e recubrimento e preparación de soportes para multiestampaxe e reposicionamento.
SUBTEMA 6
Produción e sistemas mixtos de estampaxe. Impresión mecanizada. Reposicionamento e incompatibilidades do soporte final. Cuños e decoupées.
TEMA 7
Formulación e posta en práctica de proxectos de investigación/expositivos de impresión dixital.

SUBTEMA 7

Producción artística e expositiva. Preparación de Proxectos de investigación en impresión dixitáis.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000