Secretaría Uvigo - Análise de xogo e proposta táctica para un equipo de baloncesto de liga feminina 2 na tempada 2014 - 2015

Análise de xogo e proposta táctica para un equipo de baloncesto de liga feminina 2 na tempada 2014 - 2015

AutoríaDavid Arias Regueiro
Data de defensa25/05/2015
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Secretaría: Alfonso Gutierrez Santiago
Vogalía: José Vicente Novegil Souto
Presidencia: Diego Alonso Fernández
ResumoNo mundo do deporte, e especialmente no do baloncesto, surxiu unha tendencia nos últimos anos que sitúa ao scouting (análise de xogo) como ferramenta indispensable en calquer equipo que se atope nun alto nivel de competición. Buscando coñecer un pouco máis sobre esta ferramenta decidimos realizar un TFG centrado neste tema. Realizaremos pois unha breve contextualización que explique que é o scouting, onde radica a súa importancia, que tipos hai e cales son os seus posibles ámbitos de aplicación.
Tras isto realizaremos un estudo de campo cun obxectivo principal: ?realizar unha análise de xogo de cada un dos conxuntos de Liga Femenina 2, realizando unha proposta táctica para cada equipo?.
Para o estudo de cada rival realizase unha recopilación de datos estadísticos na página web da Federación Española de Baloncesto, seguida de un visionado de partidos no que realizaremos un rexistro anecdótico sobre o que creamos máis decisivo para o resultado dun partido. Tratando sempre de que estos videos sexan dos partidos máis recentes, dado que o xogo de cada equipo vai evolucionando.
O fruto deste traballo é un informe táctico que se lle entrega ao resto do corpo técnico, que contén as características do equipo rival, os seus rasgos ofensivos, un apartado defensivo e unha parte final cos seus sistemas máis xogados de forma gráfica. Tamén faremos un informe para as nosas xogadoras, no que incluiremos as características principales e estadísticas máis destacadas das xogadoras rivales, ordenadas de máis peligrosa a menos. A partir destos resultados que nos dan unha idea do xogo de cada equipo nos a modo de conclusión creamos un sistema de normas e xustificacións que guiará o noso xogo.
Unha vez realizados os diversos plantexamentos tácticos efectuamos unha análise da LF2, porque é tan importante coñecer a competición na que participas como coñecer ao teu club ou as tuas xogadoras. Gracias a isto podemos compararnos co resto de equipos ou ver que apartados estadísticos levan ao éxito, para saber a que darlle importancia no noso traballo.
Posteriormente pasamos a realizar unha serie de propostas que leeremos máis adiante pero entre as que cabe destacar: a importancia de coñecer ao noso equipo, saber escoitar as xogadoras, uso de novas tecnoloxías, ensinar a manexar esta información dende a base, variar formatos para non aburrir, saber guiar pero sen impoñer decisión tácticas e entender que é necesario coñecer que cada adestramento de unha técnica específica posue un componente táctico que o condiciona todo.
Volver