Secretaría Uvigo - Proposta e aplicación de unha metodoloxía de scouting en fútbol de alto nivel

Proposta e aplicación de unha metodoloxía de scouting en fútbol de alto nivel

Data de defensa21/07/2017
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Presidencia: José María Cancela Carral
Vogalía: María de los Ángeles Fernández Villarino
Secretaría: Rodolfo Ivan Martínez Lemos
ResumoResumo:
Os obxectivos principais deste traballo foron a creación de unha metodoloxía ben definida e específica de scouting orientada ao fútbol profesional de alto nivel, e a aplicación práctica da mesma a un equipo da Liga Santander (ATM). Para poder xerar esta metodoloxía analizáronse diferentes tipos de datos, todos eles extraídos de webs open (footballia para os datos cualitativos e whoscored para os datos cuantitativos). Os datos cualitativos foron analizados mediante un visionado de partidos (n=3 para cada rival) e os cuantitativos mediante as estadísticas tanto colectivas como individuais dos equipos (% posesión/partido, goles/partido etc.) e dos seus xogadores (asistencias/partido, despexes/partido etc.). Tras a análise creouse unha matriz de datos na que se anotaron e describiron todas as fortalezas e debilidades dos rivais escollidos para o ATM (o FCB e o RMD). Finalmente deseñouse o plan táctico tanto para o adestramento (MC adestramento) como para a competición basándonos nas fortalezas e debilidades tanto as propias como as dos rivais. Nos resultados comprobouse que na proposta de scouting do traballo existiron diferenzas fronte a poposta táctica real especialmente mais notables cando o rival foi o RMD. Por último, un plan táctico debe incluír elementos fundamentais para o adestramento previo a competición (MC competición) e concretar normas básicas de estratexia de partido tanto a nivel individual como colectivo.
Palabras clave: adestramento, fútbol, scouting.
Volver