Secretaría Uvigo - Percentís para estatísticos de xogo por posto en xogadores internacionais de alto nivel

Percentís para estatísticos de xogo por posto en xogadores internacionais de alto nivel

AutoríaDavid Chapela Pastoriza
Data de defensa14/06/2017
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Presidencia: José María Cancela Carral
Vogalía: María de los Ángeles Fernández Villarino
Secretaría: Rodolfo Ivan Martínez Lemos
ResumoResumo
O obxectivo do presente estudio foi elaborar os percentís de indicadores estatísticos de xogo máis relevantes en xogadores de balonmán internacional de alto nivel por posto específico (porteiro, extremo, pivote, lateral e central). A mostra obtívose das estatísticas oficiais do Campionato Mundial de Balonmán Masculino do 2015 celebrado en Qatar, analizando os xogadores (n=125) das 8 seleccións mellor clasificadas. Unicamente foron seleccionados xogadores cun mínimo de 5 partidos disputados e cunha media de xogo de 7 minutos por partido. Os estatísticos de xogo analizados foron: eficacia e número de lanzamentos de 6 metros, 9 metros, de contragolpe e en penetración, as asistencias, perdas, roubos, blocaxes, e minutos de xogo. Obtivéronse valores de referencia para cada indicador a partir do cálculo dos percentís P5, P25, P50, P75 y P95. Os resultados amosan que extremos e porteiro son os xogadores que máis minutos de xogo disputan; laterais e centrais os que máis lanzamentos realizan; os centrais son os distribuidores do xogo en ataque, cos valores máis altos tanto en asistencias como en perdas; os porteiros terán maior porcentaxe de acerto ante lanzamentos de larga distancia e con pouco ángulo, Estes percentís proporcionarán referencias de rendemento individual, útiles para a avaliación do rendemento en competicións de alto nivel.
Palabras chave: percentís, rendemento en balonmán, análises de xogo.
Volver