Secretaría Uvigo - Aplicación e avaliación dun programa de forza hipertrofia para un mesociclo de 13 semanas nun equipo de ciclistas elite e sub-23.

Aplicación e avaliación dun programa de forza hipertrofia para un mesociclo de 13 semanas nun equipo de ciclistas elite e sub-23.

AutoríaJosé Manuel Abalo Rey
Data de defensa03/10/2016
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: Telmo Silva Alonso
Tribunal Vogalía: Jose Maria Pazos Couto
Presidencia: Vicente Romo Pérez
Secretaría: Ezequiel Rey Eiras
ResumoO presente traballo fin de grado (TFG), fundamentase no desenvolvemento dunha planificación dun programa de adestramento de forza máxima por vía hipertrofia. Dito programa desenvólvese nun mesociclo de 13 microciclos. Os ciclistas que levaron a cabo toda a intervención eran 8 ciclistas sub-23, 20 ± 0.93 anos e un corredor elite, de 27 anos. Estes ciclistas dividironse en dous grupos, os que tiñan una supervisión directa durante 3 sesións por microciclo e os que tiñan só supervisión un día, Cando a intervención comenzou realizaronse test submáximos de forza nos exercicios máis representativos e similares ao ciclo de pedaleo. Posteriormente e durante os 13 microciclos, realizaronse reaxustes en función das características de cada ciclista. O finalizar o programa de adestramento, repetironse os ditos test submáximos, acompañados dunha tensiomiografía (TMG) no tren inferior, una proba de esforzo escalonada e toma de lactato. Unha vez recollidos todos os datos, comprobamos o efecto do adestramento, o grao de simetría lateral e se existía transferencia de forza sobre a bicicleta, isto comprobouse en ambos grupos.
Volver