Secretaría Uvigo - Mellora no rendemento de algas para a obtención de carraxenina

Mellora no rendemento de algas para a obtención de carraxenina

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
CentroFacultade de Química
Dirección Titoría: Begoña González de Prado
Tribunal Vogalía: Luis Muñoz López
Presidencia: María Soledad García Fontán
Secretaría: Inmaculada de la Calle González
ResumoUn dos polímeros de orixe mariña máis empregado como aditivo alimentario é a carraxenina. A clase Rhodophytas engloba a numerosos xéneros de algas das cales se extraen algúns dos diversos tipos de carraxeninas diferenciados, principalmente, pola súa estrutura química, proporcionándolles múltiples propiedades. Estas, así como, certos factores da materia prima, poden estar relacionadas co rendemento de extracción da carraxena.

En CEAMSA, búscase a máxima sustenbilidade no proceso de fabricación da carraxena, de modo que se trata dun proceso circula-lo cal evita un gran número de perdas de producto e axuda a unha menor necesidade de recursos, recirculando certas correntes ó inicio del. Porén, están sempre en busca de melloras e maior efectividade.

Este traballo de fin de máster baséase na busca de melloras do rendemento das algas en diferentes puntos do proceso de fabricación, desde factores que afectan a materia prima ata a liña de residuos, así como, a minimización das perdas de produto e de diñeiro nesta última. Para iso, en primeiro lugar, caracterizouse un dos tipos de algas recibidos na empresa obtendo os valores dos diferentes parámetros (%HUM, %CAW e Sal, areas e outras impurezas) e buscouse unha relación co rendemento das extraccións das carraxeninas das algas correspondentes. Posteriormente, realizáronse diferentes estudos para a optimización de procesos máis rápidos e sinxelos que permitan coñecer o rendemento da extracción da λ-carraxenina en función da viscosidade da cocción. O primeiro estudo basouse na optimización da concentración da alga (7,15, 14,28, 21,42 y 28,58 g/L) e, á súa vez, da dose de NaOH, sendo constante (7,25 g) nun dos experimentos e variado (1,80, 3,60, 5,40 y 7,25 g), no outro, cunhas condicións fixas para todos: volumen de agua de 2L, a unha temperatura de 85ºC, cunha axitación de 250 rpm e durante 30 min. Unha vez seleccionados ambos parámetros, levouse a cabo a optimización do tipo de reactivo (NaOH, CaOH e sen reactivo) cunha dose de 7,25 e 17,15 g, respectivamente, e cun tempo de cocción de 1 h. Tras este, o seguinte experimento basouse na selección do método (Proveedor A, Proveedor B, e CEAMSA) necesario para levar a cabo o seguinte estudo empregando os lotes dos tipos de algas (Alga 1 e Alga 2) recibidos durante todo o ano 2023.

Por último, buscouse a mellora do rendemento de algas a través da liña de residuos de fábrica mediante o cálculo da capacidade máxima do filtro prensa (FP) e o estudo do uso dun novo filtro prensa (Roxia Small Filter Press) como alternativa ao FP existente, realizando a filtración de dúas coccións procedentes de fábrica do mesmo tipo de carraxenina. Ademáis, ofrecéronse diferentes modificacións para o FP de fábrica.
Volver