Secretaría Uvigo - Medición automática da rugosidade superficial de pezas metálicas fabricadas mediante fusión selectiva por láser usando aprendizaxe fondo

Medición automática da rugosidade superficial de pezas metálicas fabricadas mediante fusión selectiva por láser usando aprendizaxe fondo

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Industria 4.0
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Cotitoría: Eduardo Fidalgo Fernández
Cotitoría: Francisco Jáñez Martino
Tribunal Secretaría: Alejandro Pereira Domínguez
Presidencia: Antonio Fernández Ulloa
Vogalía: Víctor González Castro
ResumoNo actual contexto tecnolóxico permitiuse o desenrolo da denominada Industria 4.0 que ten entre os seus obxectivos a Fabricación Intelixente e con Cero Defectos. Neste traballo, búscase medir automáticamente a rugosidade superficial (parámetro Ra) de pezas metálicas elaboradas mediante a tecnoloxía de fusión selectiva por láser (SLM, das suas siglas en inglés) de fabricación aditiva mediante visión artificial e aprendizaxe automático. Primeiro, revisouse a literatura sobre fabricación aditiva, control de calidade, aprendizaxe automático, aprendizaxe fondo e visión por computadora, especialmente aqueles traballos sobre a fase de extracción de características, coñecidos como descriptores. Dacordo ao estado do arte decidiuse usar tres modelos pre-entrenados de aprendizaxe fondo como descriptores, ResNet50, VGG16 e MobilenetV2, seguindo un enfoque de aprendizaxe por transferencia. Preséntase un modelo intelixente basado en tres fases, unha primera de preprocesado, unha extracción de características con descriptores e finalmente, unha de regresión. Combináronse e evaluaronse catro tipos de preprocesado cos tres modelos pre-entrenados e dous populares modelos de regresión, regresión lineal e regresión de vectores de soporte (SVR, das suas siglas en inglés). O noso conxunto de datos de entrenamento conta con imaxes de tres pezas fabricadas mediante SLM.
Volver