Secretaría Uvigo - Dimensionamento dun sistema híbrido para a subministración dunha estación de recarga de vehículos eléctricos no porto de Vigo

Dimensionamento dun sistema híbrido para a subministración dunha estación de recarga de vehículos eléctricos no porto de Vigo

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Camilo José Carrillo González
Cotitoría: Ana Belén Albo López
Tribunal Secretaría: María Elena Albo López
Vogalía: Eloy Díaz Dorado
Presidencia: Camilo José Carrillo González
Vogalía: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez
ResumoEste proxecto, denominado ?Dimensionamento dun sistema híbrido para a subministración dunha estación de recarga de vehículos eléctricos no porto de Vigo?, xorde da necesidade que existe na actualidade de apostar polas enerxías renovables para a diversificación das matrices enerxéticas e a descarbonización no sector do transporte.

O principal obxectivo que se pretende acadar con este proxecto é a creación dun novo punto de subministración eléctrica para a carga de vehículos eléctricos para a zona do Porto de Vigo - Bouzas, onde se concentra un gran número de vehículos.

O proxecto inclúe a avaliación dos recursos eólicos e solares, o dimensionamento das súas instalacións, a obtención da curva de xeración, o estudo do número óptimo de cargadores de vehículos eléctricos e a avaliación da viabilidade económica do proxecto.
Volver