Secretaría Uvigo - Desenvolvemento de dúas ferramentas para o deseño de rodamentos hidrodinámicos

Desenvolvemento de dúas ferramentas para o deseño de rodamentos hidrodinámicos

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Secretaría: José Luís Fernández Fernández
Vogalía: José Benito Bouza Rodríguez
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Abraham Segade Robleda
Vogalía: Marcos Conde Fontenla
ResumoEste TFM trata do desenvolvemento a través de Matlab de dúas ferramentas para o deseño de rodamentos hidrodinámicos radiais, centrándose en concreto nas de tipoloxía típica para a súa aplicación no sector marítimo. A primeira, denominada R&B, baséase na creación dunha aplicación a través da interface Matlab AppDesigner para o cálculo de parámetros de funcionamento de rodamentos hidrodinámicos a partir das solucións obtidas polos autores Raimondi e Boyd e moi utilizadas no sector. A segunda ferramenta, denominada THD, parte do desenvolvemento das ecuacións vinculadas ao fenómeno hidrodinámico nos devanditos compoñentes para a creación dun código en Matlab que pretenda obter a solución das ecuacións diferenciais resultantes mediante o método de diferenzas finitas e representar os parámetros de interese que definirán o funcionamento do rodamento. Ademais, compararanse os resultados acadados por ambas ferramentas cos obtidos a partir de modelos análogos resoltos no software ANSYS e os datos extraídos dun banco de probas de rodamentos da empresa Svenska Bearing. A partir desta comparación, avaliarase o rendemento de ambas ferramentas e proporanse vías de mellora.
Volver