Secretaría Uvigo - Identificación de Especies de Interese Forestal Mediante a Análise de Datos LiDAR Aéreo

Identificación de Especies de Interese Forestal Mediante a Análise de Datos LiDAR Aéreo

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Forestal
CentroEscola de Enxeñaría Forestal
Dirección Titoría: Julia Armesto González
Tribunal Secretaría: Luis Ortiz Torres
Vogalía: Purificación Marcet Miramontes
Presidencia: José Manuel Casas Mirás
ResumoResumo: A superficie galega atópase na súa maior parte ocupada polas especies produtivas Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster e Pinus radiata. Con todo, debido á actual e crecente problemática respecto aos incendios forestais a lexislación autonómica, recolle a necesidade de coñecer a abundancia e distribución destas especies. Nas últimas décadas, as novas tecnoloxías de teledetección comezáronse a empregar para obter información sobre as masas forestais. Entre elas, a tecnoloxía LiDAR Aéreo resulta de grande interese debido a que permite representar a estrutura tridimensional das masas forestais.Polo tanto, o obxectivo deste traballo é xerar mapas de coberturas de especies recollidas na lexislación en materia de incendios a partir de nubes de puntos LiDAR Aéreo. Deste xeito, preténdese identificar aquelas áreas cubertas de masas continuas de individuos das especies Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster e Pinus radiata a nivel de concello que poidan supoñer un perigo no caso dun incendio forestal.
Palabras clave: mapa de distribución de especies; Random Forest; usos Sentinel; LiDAR
Volver