Secretaría Uvigo - Modelización de CyanoHABs a través de datos Sentinel-2

Modelización de CyanoHABs a través de datos Sentinel-2

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Forestal
CentroEscola de Enxeñaría Forestal
Dirección Titoría: Xana Álvarez Bermúdez
Cotitoría: Carolina Acuña Alonso
Tribunal Secretaría: Luis Ortiz Torres
Presidencia: José Manuel Casas Mirás
Vogalía: Óscar González Prieto
ResumoA eutrofización é un proceso caracterizado polo enriquecemento excesivo de nutrientes nun corpo de auga que causa un impacto negativo na calidade da auga e na saúde dos ecosistemas acuáticos. Doutra banda, o fenómeno de CyanoHABs refírese á proliferación de cianobacterias e microorganismos fotosintéticos que poden producir toxinas daniñas para a saúde dos ecosistemas acuáticos e as persoas. Para abordar esta problemática deseñáronse uns modelos específicos coa capacidade de avaliar a posible ocorrencia de eventos de eutrofización no encoro da Baxe en Caldas de Reis. Para lograr este propósito, empregouse a metodoloxía PLS-PM (Partial Least Squares Path Modeling), que permite modelar e analizar diversas variables que inflúen na aparición e desenvolvemento das cianobacterias. Ademais, leváronse a cabo varias simulacións co propósito de avaliar como os diferentes escenarios climáticos avaliados para o ano 2030 e 2050 (RCP 8.5) e os escenarios tróficos, que van dende un estado óptimo (oligotrófico) ata un estado crítico (hipereutrófico).

Os nosos resultados indican que o modelo 1 destácase como o máis relevante, obtendo un coeficiente de determinación (R²) de 0,751 e 0,664 nas modelizacións realizadas, destacando a súa significancia estatística. Asimesmo, as simulacións calculadas indican que para o escenario crítico (hipereutrófico) en conxunto cun aumento das temperaturas como resultado do cambio climático, terá un impacto considerable no agravamento do fenómeno de eutrofización e nos blooms de cianobacterias.

O conxunto de modelos e simulacións calculadas permitirá deseñar medidas preventivas e correctoras dos fenómenos de eutrofización para garantir a seguridade hídrica nas cuncas hidrográficas mellorando a toma de decisións dos axentes interesados e fortalencendo a gobernanza, contribuíndo así a garantir un sumisnistro de auga segura para o futuro.

PALABRAS CHAVE: eutrofización, encoro, CyanoHABs, PLS-PM, modelo, cianobacterias, nitróxeno, fósforo, Microcystis sp.
Volver