Secretaría Uvigo - Responsabilidade Ambiental Corporativa

Responsabilidade Ambiental Corporativa

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Dirección de PEMES
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Ana Isabel Sinde Cantorna
Tribunal Titoría: Ana Isabel Sinde Cantorna
ResumoO obxectivo principal desta investigación é examinar en detalle o concepto de responsabilidade ambiental dende unha perspectiva empresarial. Para iso, en primeiro lugar, preséntase unha cronoloxía cos acontecementos máis relevantes relacionados coa evolución da conciencia ambiental do século pasado. Así mesmo, para entender a normativa vixente e as obrigas legais que teñen as organizacións, prevese un marco legal que abrangue a normativa relacionada coa responsabilidade ambiental a nivel internacional, comunitario, nacional e autonómico. Posteriormente, afonda no concepto de Responsabilidade Ambiental Corporativa e Xestión Ambiental, como ferramentas fundamentais para o desenvolvemento sostible das empresas. Ademais, preséntanse diferentes estratexias que as organizacións poden adoptar en materia de medio ambiente e especifícase como unha xestión ambiental responsable pode contribuír ao desenvolvemento de vantaxes competitivas. Finalmente, examínanse casos de empresas galegas para ilustrar e exemplificar a información abordada no marco teórico.
Volver