Secretaría Uvigo - Caracterización volátil de especies de plantas visitadas por Vespa velutina en Galicia

Caracterización volátil de especies de plantas visitadas por Vespa velutina en Galicia

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias Ambientais
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Cotitoría: María del Carmen Seijo Coello
Titoría: María Shantal Rodríguez Flores
Tribunal Secretaría: Paula Pérez Rodríguez
Presidencia: Olga Escuredo Pérez
Vogalía: Patricia Reboredo Rodríguez
ResumoVespa velutina é unha especie de avispón invasora procedente de Asia. A súa introdución en Galiza no 2012 provocou ata a data, tantos impactos socioeconómicos, como ambientais. A súa adaptabilidade ao medio e a súa enorme capacidade reprodutora propiciaron a súa expansión en Galiza. O principal método de control é o trampeo de raíñas. Con todo, o atraíble que emprega este método, non é específico desta avespa, provocando un impacto na entomofauna local. Desenvolver novos métodos de control máis específicos, é unha necesidade para diminuír os impactos que causa.
Trátase dunha especie social que forma unha colonia con miles de individuos. A súa comunicación está principalmente baseada no emprego de semioquímicos. Estas substancias químicas permítenlles levar a cabo funcións vitais como a procura de recursos, o apareamento ou alertar de inimigos. V. velutina recoñece metabolitos secundarios de plantas como semioquímicos que lle permiten localizar fontes de recursos (hidratos de carbono do néctar, insectos aos que cazar, lugares de apareamento ou outros recursos).
O estudo dos compostos volátis emitidos polas plantas que esta especie visita, podería achegar información sobre o comportamento da mesma. Estes compostos poderían empregarse para o desenvolvemento de atraíbles máis específicos e sostibles co medio. Por iso, o principal obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é o estudo dos compostos volátis de plantas visitadas por V. velutina mediante microextracción en fase sólida (SPME) axustada en liña á cromatografía de gases-espectrometría de masas en tándem (GC-MS/MS). Desta forma proporciónanse resultados cualitativos e cuantitativos e concentracións para unha ampla gama de compostos volátiles das plantas.
Volver