Secretaría Uvigo - Análise da composición corporal e a forza en xogadores de fútbol sala en etapa escolar

Análise da composición corporal e a forza en xogadores de fútbol sala en etapa escolar

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Nutrición
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Federico Mallo Ferrer
Tribunal Presidencia: Lucas Carmelo González Matías
Secretaría: Yolanda María Diz Chaves
Vogalía: Carlos Spuch Calvar
ResumoIntrodución: o fútbol sala, xunto coa educación física escolar obrigatoria, pode ser un medio útil para cumprir as recomendacións de exercicio físico en idade de crecemento e promover a saúde de nenos e adolescentes. O adestramento inflúe na condición física e na antropometría do individuo, polo que, neste estudo empregaremos ambos parámetros, observando se a práctica do fútbol sala consegue mellorar o perfil antropométrico e a forza de agarre ou hand grip polo seu valor como marcador funcional e de estado de saúde e rendemento.

Obxectivos:
?Estudar a relación entre as variables antropométricas con respecto ás variables de crecemento e analizar a distribución da graxa e a influencia dos diámetros e perímetros do tronco e das extremidades.
?Identificar se a forza ten algunha relación cos diámetros e perímetros dos membros.

Material e métodos: Trátase dun estudo observacional descritivo en xogadores de fútbol sala en idade escolar cunha poboación de 90 individuos de entre 5 e 18 anos. Para a realización do estudo utilízanse 3 sesións, 2 de rexistro de datos e 1 de pendentes, onde se rexistran a antropometría e a forza en fichas adicadas a tal fin. Para a antropometría utilizáronse cinta métrica, plicómetro, paquímetro, báscula e tallímetro. Para a forza de agarre un dinamómetro.

Resultados: A idade, a estatura e o peso correlacionan ben coa masa muscular e o hand grip, mentres que o IMC faino coa masa graxa e os perímetros corporais. Os perímetros e as áreas do brazo correlacionan mellor co tronco que o tren inferior. O diámetro do húmero é o mellor indicador da forza de agarre (HG).

Conclusións: as variables de crecemento (idade, talla, peso e IMC) teñen estreita relación consigo mesmas, con algunhas variables antropométricas como masa muscular, masa graxa, perímetros ou diámetros óseos, e coa forza de agarre da man. A distribución da graxa entre as extremidades e o tronco está relacionada. Os diámetros óseos son mellores indicadores de forza que os perímetros, especialmente o diámetro bicondíleo do húmero.

Palabras chave: Antropometría, composición corporal, forza, agarre da man, perímetros, diámetros.
Volver