Secretaría Uvigo - A intervención das comunicacións persoais no proceso penal

A intervención das comunicacións persoais no proceso penal

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: María Dolores Fernández Fustes
Tribunal Vogalía: Roberto Ignacio Fernández López
Secretaría: María Belén Sánchez Ramos
Presidencia: Pablo Raúl Bonorino Ramírez
ResumoO obxecto do presente traballo é analizar a vulneración dos dereitos á intimidade e ao secreto das comunicacións que pode producir a intervención das comunicacións persoais no proceso penal, profundando nos distintos tipos de mecanismos que teñen como fin a obtención de probas durante unha investigación penal que a nosa lexislación permite. Obsérvanse os requisitos que a lei esixe para que tales mecanismos poidan ser empregados, co obxectivo de minimizar o impacto negativo que poden producir en canto aos dereitos recoñecidos na nosa Carta Magna.
Estúdase tamén a adaptación das nosas leis como consecuencia do constante progreso dos dispositivos tecnolóxicos, así como da necesidade dunha maior protección #ante a ameaza terrorista, cada día máis presente na nosa sociedade. Ademais, valórase o disposto noutros ordenamentos xurídicos respecto a isto, facendo especial mención ao dereito dos Estados Unidos de América, co seu particular sistema xurídico (common law).
Volver