Secretaría Uvigo - Big data e intelixencia de negocios

Big data e intelixencia de negocios

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Tribunal Titoría: María de los Angeles Sandoval Pérez
ResumoCon este traballo, preténdese mostrar unha contextualización e evolución do tema para tratar: o big data e a intelixencia de negocios.

Sabemos que se trata dun tema moi amplo e sería moi difícil desenvolvelo de maneira xenérica, polo que aquí búscase facer unha análise do tema desde o punto de vista empresarial. Neste traballo, téntase resolver a problemática do big data, de como as tecnoloxías evolucionan, como fan fronte a iso as empresas e como se analizan os grandes volumes de datos na era dixital na que vivimos, todo esto desde o punto de vista empresarial. Enténdese, por iso, que o big data é unha oportunidade para as empresas xa que é capaz de dar respostas a preguntas que nin sequera se expuxeron sen a axuda da recompilación de datos.

Por iso, é necesario saber que a implantación dun proxecto de big data, necesita unha gran implicación e colaboración entre as partes da empresa, máis aló de dispoñer dos recursos económicos, técnicos e humanos adecuados.

Palabras chave

Big data, datos, toma de decisións, vantaxe competitiva, business intelligence, volume, calidade.
Volver