Secretaría Uvigo - O contexto cultural chino e o seu sistema protocolar no ámbito comercial

O contexto cultural chino e o seu sistema protocolar no ámbito comercial

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Comercio
CentroFacultade de Comercio
Dirección Titoría: Marta García De la Puerta
Tribunal Titoría: Marta García De la Puerta
ResumoO contexto comercial actual é complexo e caracterízase por unha maior interconexión e globalización dos mercados. Sábese que a consolidación de relacións externas con diversos socios comerciais e outros membros do proceso comercial dálle ao emprendedor a posibilidade de acceder a mellores oportunidades. Pola súa banda, os protocolos xogan un papel importante na negociación, xa que son normas de formalidade e cortesía que garanten non só a comprensión e control das discrepancias, senón tamén o respecto á outra parte. Para ter éxito no contexto chinés, é fundamental que o empresario comprenda as diferenzas, relegue as súas conviccións a un segundo plano e desenvolva habilidades comunicativas eficaces en función da cultura coa que está a interactuar, para establecer vínculos comerciais duradeiros.

Este traballo pretende centrar o seu estudo nas dinámicas sociais chinesas e os valores socioculturais dese país no mundo empresarial, culminando coa presentación dunha guía protocolaria. En conxunto, presentarase unha análise económica da China actual, así como unha análise cultural baixo o enfoque de Hofstede. A cultura será conceptualizada de xeito recorrente desde múltiples ángulos e as diferenzas no funcionamento das sociedades revelaranse a través de modelos culturais.

Palabras clave: comercio, interconexión, protocolo, cultura.
Volver