Secretaría Uvigo - Aspectos financieiros e éticos dos préstamos hipotecarios multidivisa

Aspectos financieiros e éticos dos préstamos hipotecarios multidivisa

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Finanzas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada
Tribunal Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada
ResumoNo período anterior á crise económica internacional do ano 2008, comercializáronse os préstamos hipotecarios multidivisa. Este produto resultou ser moi beneficioso durante un curto período de tempo. As persoas pagaban unha cota mensual e intereses inferiores ás que pagarían cun préstamo hipotecario convencional, a cambio de asumir o risco de tipo de cambio e do tipo de xuro. A partir do ano 2008, a depreciación do Euro coa diminución do EURÍBOR fixo que a situación se revertese a favor das entidades bancarias, onde conseguiron unha gran rendibilidade. As cotas aumentaron e ademais non era suficiente nin para cubrir os intereses o que levou á situación de que as persoas debían máis diñeiro que o que lle prestaron nun momento inicial. Comezaron as denuncias masivas reclamando a devolución do pago de máis xunto coa conversión do produto a unha hipoteca convencional fundamentándose na falta de transparencia, abusividad e no erro vicio do consentimento. Desde entón xurdiron multitude de sentenzas tanto a nivel nacional como internacional buscando establecer unha solución, así como unha protección do consumidor máis elevada que a coñecida ata o momento.
Volver