Secretaría Uvigo - Rede social enfocada ao ámbito estudantil

Rede social enfocada ao ámbito estudantil

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Eva María Lorenzo Iglesias
Cotitoría: Noelia García Hervella
Tribunal Titoría: Eva María Lorenzo Iglesias
ResumoDesenvolvemento dunha rede social de estudantes a través da cal os usuarios poderán interactuar con outros con intereses similares en función da súa rama de estudo, do seu centro educativo e do lugar onde estudan. Na aplicación, os usuarios poderán realizar 3 tipos de publicacións: básicas, eventos e anuncios.

As publicacións básicas aparecerán no perfil do usuario que as crea, e constarán de texto coa opción de engadir imaxes e ligazóns.

Os eventos serán publicacións sobre as actividades a realizar compostas por título, descrición, data límite, lugar de realización, categorías e participantes. Cando un usuario crea un evento, outros usuarios poden mostrar o seu interese en participar uníndose a el.

Finalmente, os anuncios constarán só dun título, unha descrición e categorías.

Os eventos e anuncios asociaranse á rama de estudo, ao centro ou á poboación en función da súa finalidade. En cada un destes tres tipos de publicacións, outros usuarios poderán crear un fío de comentarios na publicación principal. Por outra banda, os usuarios poderán subscribirse a diversas categorías e outros usuarios e ver publicacións das devanditas categorías ou usuarios por orde cronolóxica, filtradas de forma personalizada. Desde o menú, podes acceder ao teu perfil, noticias, actividade recente, busca (usuarios e publicacións) e configuración.
Volver