Secretaría Uvigo - Repensando o enoturismo en Galicia

Repensando o enoturismo en Galicia

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Turismo
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Andrés Mazaira Castro
Tribunal Titoría: Andrés Mazaira Castro
ResumoEtcétera é unha palabra que significa literalmente ?o resto das cousas?, e utilízase para designar todo o que non é tan importante, por iso, neste proxecto ese nome foi o escollido para ser o protagonista de un produto no que importa máis o resto, o que non se ve ou non se pensa nun primeiro momento. Todo o proxecto que se propón está construído arredor disto. Este traballo tamén pretende presentar un modelo de negocio enoturístico totalmente financiado vía crowdfunding, o que o converte nun proxecto de un carácter altamente dixital. Para aportar o
contexto no que se desenvolverá a actividade, o marco teórico analiza a situación do mercado do viño a diferentes niveis territoriais así coma o perfil do enoturista baseado en informes realizados pola Asociación Española de Rutas do Viño (ACEVIN). Por outra banda, o traballo empírico utiliza ferramentas de análise do entorno da empresa como a análise Porter, análise DAFO ou o modelo CANVAS, os tipos de innovación segundo Doblin e un Customer Journey Map, mediante as cales se presenta o modelo de negocio e as características do produto principal, un viño 100% ecolóxico con D.O.P. Ribeira Sacra, en torno ao cal se sustenta tamén a experiencia turística no viñedo

Viño, dixitalización, crowdfunding, enoturismo, Ribeira Sacra, labor social
Volver