Secretaría Uvigo - Plan estratéxico para unha startup dedicada aos pequenos satélites

Plan estratéxico para unha startup dedicada aos pequenos satélites

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Guillermo David Rey González
Cotitoría: Isolina Sandra Pérez Donnelly
Tribunal Vogalía: Raquel Olalla Nieto Muñiz
Secretaría: Fermín Navarro Medina
Presidencia: Alejandro Manuel Gómez San Juan
ResumoEste traballo de fin de grao, en colaboración con Alén Space, abarca o entorno das startups de pequenos satélites. Ante a expansión exponencial deste sector, búscase destacar nun mercado competitivo. O proxecto fai uso de ferramentas analíticas coma a análise PESTEL e as 5 Forzas de Porter para enriquecer a planificación estratéxica.

A matriz DAFO identifica debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, utilizando o método CAME para idear accións e estratexias. Estúdase a segmentación do mercado, aplícanse as estratexias de Porter e o Mix de Márketing (4P) e analízanse as estratexias de Ansoff.

O obxectivo central é crear un plan estratéxico que analice os factores que afectan á empresa. Explórase o impacto do New Space na economía global, tendencias e desafíos futuros do sector, xunto a tecnoloxías emerxentes das empresas punteiras.

Suxírese a inclusión dun configurador de plataformas CubeSat para a diferenciación. Outros obxectivos secundarios inclúen analizar a evolución dos pequenos satélites, comprender o New Space e coñecer tecnoloxías e produtos de Alén Space. A meta final é posicionar a compañía colaboradora no mercado global, ofrecendo ideas sólidas e aplicables para impulsar o seu rol no sector espacial.
Volver