Secretaría Uvigo - Recuperación de compostos antioxidantes de diferentes subprodutos de cítricos e avaliación do seu potencial bioactivo

Recuperación de compostos antioxidantes de diferentes subprodutos de cítricos e avaliación do seu potencial bioactivo

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Cotitoría: María José Pérez Álvarez
Titoría: Beatriz Gullón Estévez
Tribunal Vogalía: Aloia Romaní Pérez
Presidencia: Julia Carballo Rodríguez
Secretaría: Patricia Reboredo Rodríguez
ResumoNeste Traballo de Fin de Grao analizouse a recuperación de compostos antioxidantes a partir de peles de limón, laranxa e bergamota. Deste xeito, dáselle un novo valor a un produto que orixinalmente sería considerado residuo, sendo isto unha boa alternativa para problemas ambientais. En primeiro lugar, lévase a cabo a extracción empregando disolventes convencionais: auga destilada e etanol 50%. Estúdase o contido total de fenois e flavonoides mediante os métodos TPC e TFC respectivamente, e a actividade antioxidante mediante os métodos DPPH, ABTS e FRAP. Por último, avalíase a capacidade antimicrobiana dos extractos fronte a cinco bacterias seleccionadas: Eschericchia coli, Salmonella enteritidis, Serratia, Staphylococcus aureus e Enterococcus faecalis.
Volver