Secretaría Uvigo - Impacto da alimentación no crecemento e maduración sexual das miñocas Eisenia andrei e Eisenia fetida.

Impacto da alimentación no crecemento e maduración sexual das miñocas Eisenia andrei e Eisenia fetida.

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias Ambientais
CentroFacultade de Ciencias
Dirección Titoría: Manuel Aira Vieira
Tribunal Presidencia: María Fernández González
Vogalía: María del Carmen Seijo Coello
Secretaría: Daniel Arenas Lago
ResumoAs miñocas, concretamente as vermes epixeas, son o grupo ecolóxico que ten un maior potencial para realizar vermicompostaxe de calidade. Este potencial está ligado á súa taxa de crecemento e reprodución, que se ve afectada en función da alimentación destes vermes.
Este proxecto busca describir e comparar diferentes dietas ás que foron sometidas as especies Eisenia andrei e Eisenia fetida, co fin de determinar cal das dietas expostas sería a máis óptima para unha vermicompostaxe de maior calidade.

Palabras chave: Miñocas, vermicompostaxe, E. andrei, E. fetida, materia orgánica
Volver