Secretaría Uvigo - Contribucións á simulación fluidodinámica computacional de celas de combustible de membrana de intercambio protónico (PEMFC)

Contribucións á simulación fluidodinámica computacional de celas de combustible de membrana de intercambio protónico (PEMFC)

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Concepción Paz Penín
Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Secretaría: José Luís Fernández Fernández
Vogalía: José Benito Bouza Rodríguez
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Abraham Segade Robleda
Vogalía: Marcos Conde Fontenla
ResumoContribuirase ao desenvolvemento dos modelos de simulación fluidodinámica computacional 3D do comportamento de pilas de combustible de membrana de intercambio protónico. Para iso, partirase de ensaios experimentais previamente publicados para propoñer unha metodoloxía e modelo físico co cal realizar unha análise e discusión sobre o impacto da variación de parámetros, tales como:
-Tamaño e tipoloxía dunha malla estruturada óptima, tendo un compromiso entre o número de elementos e a calidade.
-Implementación das ecuacións físicas que rexen o comportamento da pila tendo en conta a transferencia de masa nun fluxo multifásico (especialmente o intercambio de auga entre as súas distintas fases e dominios), as reaccións electroquímicas e a transferencia de calor.
-Impacto das modificacións xeométricas, tales como das dimensións e forma das canles; o grosor e materiais de cada unha das capas que constitúen a propia pila.
-Optimización da composición e estequiometría dos fluxos de reactivos, para estudar o efecto da humidade ou o esgotamento do combustible.



Volver