Secretaría Uvigo - Deseño e cálculo de instalacións para unha edificación de uso administrativo

Deseño e cálculo de instalacións para unha edificación de uso administrativo

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Iciar Goicoechea Castaño
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Eduardo Suárez Porto
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Raquel Pérez Orozco
Vogalía: José Ángel López Campos
ResumoEste proxecto consiste na realización do deseño e cálculo das principais instalacións dun edificio de uso administrativo, tales como: fontanería, climatización, seguridade contra incendios, iluminación,?
Partindo da estrutura facilitada por unha consultora de arquitectura e comprobando o cumprimento dos acabados de diferentes estudos como térmicos e acústicos, realizáronse os cálculos necesarios para as citadas instalacións.
Cada un deles foi dimensionado seguindo o "Código Técnico da Edificación" (CTE) vixente en España e a utilización de diversos programas informáticos privados que facilitaron o proxecto.
Ademais, a partir dos cálculos realizados deseñáronse planos e esquemas detallados de cada instalación con todas as súas limitacións e advertencias, favorecendo así a súa futura instalación para os técnicos in situ.
Finalmente, para todas as instalacións terase en conta a finalidade estética do edificio, tanto no interior como no exterior, escollendo así materiais, acabados e elementos que manteñan unha harmonía conxunta.
Volver