Secretaría Uvigo - Optimización da eficiencia enerxetica dunha planta madereira a través da xestión industrial dos combustibles

Optimización da eficiencia enerxetica dunha planta madereira a través da xestión industrial dos combustibles

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Fernando Cerdeira Pérez
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Eduardo Suárez Porto
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Raquel Pérez Orozco
Vogalía: José Ángel López Campos
ResumoA fábrica de madeira de Santiago de Compostela alberga un gran número de procesos, nos que se produce unha transformación total da madeira, provocando un gran número de subprodutos e rechazos. No presente traballo estudarase a vixilancia e trazabilidade de todo o fluxo de combustibles, especialmente os derivados da madeira, co fin de ter un maior control sobre a enerxía xerada e consumida, xa que a madeira non só se utiliza como material para formar taboleiro de aglomerado, senón que as caldeiras que producen os gases de combustión son alimentadas con biomasa e po. A diversidade existente en canto a tipos de materiais e fontes de rechazos é moi variada, polo que é necesario un control para ser o máis eficientes enerxéticamente posible, xa que un rexistro exhaustivo dos combustibles conduce a un cálculo máis preciso da produción de enerxía que fanse na fábrica. Durante a elaboración do proxecto créanse diferentes paneis dentro do propio programa da empresa, onde se crearán, entre outros, para o seguimento e medición de rechazos ou para os KPI (Key Performance Indicator) utilizados para medir o rendemento dun proces e avaliar a súa eficiencia e produtividade. Coas fontes de combustible ben definidas, calcularanse as distintas potencias e enerxías obtidas dos gases de combustión, xa que son parte fundamental do proceso de elaboración do taboleiro e de onde se obteñen os datos dos medidores de rendemento da fábrica en base a a enerxía xerada e consumida. Con isto preténdese obter un prezo por MWh de enerxía térmica, igual que é para a electricidade, para definir un prezo real que lle custa á empresa fabricar 1m2 de taboleiro.
Volver