Secretaría Uvigo - Zetapp - App educativa de encrucillados para aprender a ler

Zetapp - App educativa de encrucillados para aprender a ler

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Cotitoría: María Encarnación González Rufino
Titoría: Lorena Otero Cerdeira
Tribunal Titoría: María Encarnación González Rufino
Titoría: Lorena Otero Cerdeira
Resumo Zetapp trátase dunha aplicación móbil orientada a nenos en etapa de iniciación á lectura (educación infantil/primeira etapa de primaria) que nace co obxectivo de servir de apoio nesa experiencia axudando a identificar letras e palabras de maneira lúdica facendo uso da gamificación.

Nela, os nenos resolverán un conxunto de encrucillados dunha dificultade progresiva nos que utilizarán palabras comúns no seu día a día. Estos encrucillados estarán agrupados en varios niveis según a ambientación e dificultade das súas palabras, realizándose unha proba ao final de cada nivel para facilitar o recoñecemento e aprendizaxe.

Ao estar orientada a público infantil, a interface da aplicación é intuitiva e doada de utilizar, ademais de ser rechamante, tanto visual coma auditivamente. Por outro lado, para captar a atención dos nenos e manter a súa motivación, desenvolverase unha historia atractiva ao longo do xogo da que se senten parte.
Volver