Secretaría Uvigo - Estudo de caso sobre motivacións e barreiras para o desenvolvemento de produtos facilmente reparables: aplicación aos fabricantes de dispositivos electrónicos.

Estudo de caso sobre motivacións e barreiras para o desenvolvemento de produtos facilmente reparables: aplicación aos fabricantes de dispositivos electrónicos.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Arturo José Fernández González
Tribunal Secretaría: María de los Angeles Sandoval Pérez
Presidencia: Begoña Urgal González
Vogalía: Antonio Fernández Álvarez
ResumoHoxe en día, as empresas atópanse cun crecente movemento a favor da sustentabilidade chamado "Dereito á Reparación" que fomenta a extensión da vida útil do produto. Este feito conséguese arranxando produtos rotos ou obsoletos a través da reparación. Moitos estudos estableceron certos parámetros para que os produtos sexan facilmente reparables. Porén, as empresas seguen apoiando unha vida útil máis curta para seguir garantindo a venda de novos produtos.
Este traballo de fin de grao pretende analizar os resultados dun estudo realizado a fabricantes de dispositivos electrónicos, co obxectivo de identificar as motivacións e barreiras que se presentan para a adopción dun modelo de negocio que busque que os produtos sexan facilmente reparables.
Tras a contextualización da situación actual e a revisión da literatura existente, deseñarase un plan de estudo e elaborarase un cuestionario eficiente para priorizar as ideas recollidas. Para a realización da investigación, analizarase a casuística de arredor de 5 empresas diferentes de fabricación de dispositivos electrónicos. Coa información obtida a través das respostas ao formulario en liña, definiranse os patróns comúns no sector en canto á transición á economía circular.
O principal obxectivo do estudo baséase en fomentar a inclusión deste tipo de modelo nas empresas do sector, mediante a presentación de posibles solucións ás desvantaxes identificadas.
Volver