Secretaría Uvigo - Efecto diferencial da materia orgánica disolta liberada por Gracilaria vermicullophylla e Zostera marina en Alexandrium minutum

Efecto diferencial da materia orgánica disolta liberada por Gracilaria vermicullophylla e Zostera marina en Alexandrium minutum

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Emilio Manuel Fernández Suárez
Cotitoría: Sandra Martínez García
Tribunal Presidencia: Paula Diz Ferreiro
Vogalía: Javier Hervés Estévez
Secretaría: Cristina Delgado Núñez
ResumoAs floracións algais nocivas (HAB) causadas polo dinoflaxelado produtor de toxinas paralizantes Alexandrium minutum causan problemas nas comunidades costeiras europeas e do resto do mundo. Suxeríuse que o crecemento de especies causantes de HAB é inibido por Zostera marina. Con todo, a distribución de Z. marina retrocedeu mentres que a alga vermella G. vermiculophylla invadiu estas zonas. No presente estudo, avalíase o efecto dos elutriados procedentes de Z. marina e G. vermiculophylla sobre o crecemento de A. minutum. Demóstrase unha inhibición de A. minutum por parte de Z. marina. Pola contra, A. minutum non foi inibido polos produtos liberados por G. vermiculophylla e, en algunhas ocasións, incluso o elutriado procedente de G. vermiculophylla tivo un efecto positivo sobre A. minutum.
Volver