Secretaría Uvigo - A Desecación do Mediterráneo: A Crise de Salinidade Messiniense

A Desecación do Mediterráneo: A Crise de Salinidade Messiniense

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Guillermo Francés Pedraz
Tribunal Presidencia: Ana María Bernabéu Tello
Secretaría: Bernardino González Castro
Vogalía: Iria García Moreiras
ResumoA crise salina do Messiniense (MSC) foi un evento que supuxo a desecación do Mediterráneo e a acumulación dun enorme volume de evaporitas nas súas cuncas durante a parte final do Mioceno. A confluencia da tectónica de placas, o glacioeustatismo e a influencia climática provocaron o seu inicio hai 5,971 Ma. Durante o seu desenvolvemento, varias unidades evaporíticas foron depositadas sobre cuncas marxinais, intermedias e centrais do Mediterráneo, distinguindo varias fases diferenciadas nas que a rexión mediterránea presentou condicións ambientais distintas. A súa finalización, hai 5,33 Ma, supuxo a inundación do Mediterráneo con auga do Atlántico e o restablecemento das súas condicións mariñas normais.
Existen multitude de controversias sobre as causas, temporalización, desenvolvemento e mecanismos de finalización deste evento. Os científicos que investigan as evaporitas mediterráneas levan máis de cincuenta anos tentando aclarar todas estas cuestións, pero a imposibilidade de obter mostras de sedimento das cuncas profundas impide resolver as incógnitas abertas. O primeiro obxectivo deste traballo é a búsqueda do consenso maioritario da comunidade científica sobre todas estas controversias. As investigacións futuras sobre esta crise, especialmente a exploración das cuncas profundas, pode ser a clave para resolver as incógnitas abertas. É por isto que o obxectivo secundario desta revisión é a análise das investigacións que poden levar a solucionar por fin os enigmas da Crise de Salinidade do Mar Mediterráneo.
Volver