Secretaría Uvigo - Sargassum muticum e o seu potencial alelopático sobre Tetraselmis suecica

Sargassum muticum e o seu potencial alelopático sobre Tetraselmis suecica

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Cotitoría: José María Sánchez Fernández
Titoría: María Nuria Pedrol Bonjoch
Tribunal Presidencia: Paula Diz Ferreiro
Vogalía: Javier Hervés Estévez
Secretaría: Cristina Delgado Núñez
ResumoSargassum muticum é unha macroalga invasora onde na súa composición química destacan abundantes sustancias bioactivas. Estes son produtos do metabolismo secundario das macroalgas potencialmente vinculados coa súa alelopatía sobre outros organismos mariños, en concreto sobre aqueles cos que non coevolucionado. Neste estudio traballouse con exemplares vivos de Sargassum muticum en coexistencia con poboacións da microalga Tetraselmis suecica baixo condición seminaturales. O obxectivo foi probar a fitotoxicidade dos exemplares de S. muticum sobre o crecemento de T. suecica e evidenciar a liberación de aleloquímicos pola macroalga. As condicións experimentais do cultivo foron en ambiente pechado con axitación orbital de 130 rpm, fotoperíodo natural e volumes de cultivo de 1.5 L. Establecéronse 4 tratamentos, un por matraz de cultivo. A duración do cultivo foi de 7 días, facendo monitoreo do crecemento celular da microalga e da presenza de aleloquímicos aos 2, 4 y 7 días, mediante utilización de trampas de carbón activado. O crecemento da microalga seguiuse por reconto celular con cámara Thoma e biomasa final. Os aleloquímicos recuperáronse das trampas e as súas concentración determináronse por espectofotometría. Os resultados obtidos mostran inhibición e morte celular de T. suecica en todos os tratamentos con S. muticum. A análise de fenoles totais tamén verifica unha maior concentración destes aleloquímicos no tratamento coa macroalga que naquel con solo microalgas, o que subxace a súa maior fitotoxicidade sobre T. suecica. En conclusión, considerase que a alta mortalidade da microalga deberase probablemente ao efecto alelopático da macroalga Sargassum muticum, o cal sería responsable, ao menos en parte, do éxito ecolóxico destes organismos e a súa efectividade como especie invasora.
Palabras clave: Sargassum muticum, Tetraselmis suecica, co-cultivo, alelopatía, efectos inhibidores, fenoles totales
Volver