Secretaría Uvigo - Algoritmo para a esqueletización de imaxes en GPU

Algoritmo para a esqueletización de imaxes en GPU

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Arno Formella
Tribunal Titoría: Arno Formella
ResumoNa actualidade disponse de diferentes procesadores nos ordenadores para interpretar e executar as instruccións recibidas e coordinar a comunicación co resto de compoñentes do equipo.
Nas novas xeracións a velocidade da execución en operacións aritméticas e lóxicas simples aumentaron expoñencialmente (lei de Moore), entre outras cousas gracias o aumento de núcleos e a posibilidade de utilizar os mesmos de forma simltánea para executar un programa.
Pese a ter máis núcleos actuando en paralelo e a unha frecuencia de reloxo máis alta, os efectos no rendemento poden chegar a ser bastante pequenos debido a outros factores que interveñen na execución. Entre os mesmos atópase a limitación de ancho de banda a memoria. A medición de rendemento caracterizase mediante o speedup na latencia, que nos da a relación entre a arquitectura 1 e a arquitectura 2.
Observase que a pesar da cantidade de núcleos e da paralelización das operacións, prodúcese unha mellora no rendemento baixa. Isto débese a que se produce un "cuello de botella"na entrada a memoria para acceder os datos. A finalidade de este traballo de fin de grado e transformar un algoritmo para a esqueletización de imaxes binarias para que sexa executado nunha unidade de procesamento gráfico. Neste, o ancho de banda para a comunicación de datos é moito maior que no caso da unidade central de procesamento, polo que se espera observar unha gran reducción en tempos de execución o solucionar o problema principal de atasco no acceso a memoria.
Para elo utilizarase como base do desenvolvemento o sistema operativo Linux e o código implementarase con modelo de programación CUDA C++.
Volver