Secretaría Uvigo - Extractor de Datos Clave dentro de Documentos basados en Modelos

Extractor de Datos Clave dentro de Documentos basados en Modelos

Data de defensa12/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Francisco José Ribadas Pena
Tribunal Titoría: Francisco José Ribadas Pena
ResumoCo desenvolvemento do presente Traballo de Fin de Grao, creouse un prototipo dunha plataforma en liña que permite elaborar un sistema capaz de extraer os textos dunha serie de imaxes a partir dunha plantilla común. As diferentes seccións de texto nas imaxes son identificadas e organizadas de maneira estructurada en táboas, as cales están categorizadas segundo o seu contido e divídense en diferentes documentos.

Para usar este sistema, un usuario pode cargar unha imaxe ou unha serie delas a través dun navegador web. A plataforma, logo de identificar os diferentes corpos de texto nas imaxes e a súa ubicación precisa, permite ao usuario asignar categorías a cada sección de texto. Isto dá como resultado a extracción de datos de maneira organizada e útil, o que facilita o seu posterior procesamento ou simplemente o seu almacenamento ordenado, dando a posibilidade de descargar en diferentes formatos toda a información obtida.
Volver