Secretaría Uvigo - Deseño de novos sistemas bifásicos biocompatibles para a separación de colorantes.

Deseño de novos sistemas bifásicos biocompatibles para a separación de colorantes.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Química Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Asunción Longo González
Cotitoría: María Salomé Álvarez Álvarez
Tribunal Presidencia: Estrella Álvarez da Costa
Vogalía: Sandra Bolaño García
Secretaría: Maria Remedios Yañez Diaz
ResumoO traballo consiste en estudar a aplicación de disolventes eutécticos de baixo punto de fusión (DES) a sistemas bifásicos acuosos (ABS) para a extracción de contaminantes coloreados presentes en efluentes industriais. Sintetizaranse tres disolventes con distinto pH baseados en cloruro de colina e utilizaranse para a caracterización dos sistemas ABS, que estárán formados por DES, auga e un surfactante. A caracterización farase a dúas temperaturas (25 e 45ºC) mediante a elaboración das curvas binodales e as rectas de reparto. Cos datos obtidos realizaranse axustes a modelos teóricos. Posteriormente, aplicaranse estes sistemas para a extración de dous colorantes de distinta natureza química detectándose a presenza dos colorantes en cada fase mediante a medida da absorbancia. Discutiranse os resultados obtidos e a influencia de distintos parámetros, para a continuación facer unha proposta dun proceso de extracción para tratamento de augas contaminadas do sector textil.

Volver