Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun modelo unidimensional da arquitectura de cadea de tracción eléctrica e dimensionado de compoñentes para un vehículo de plataforma flexible

Desenvolvemento dun modelo unidimensional da arquitectura de cadea de tracción eléctrica e dimensionado de compoñentes para un vehículo de plataforma flexible

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jacobo Porteiro Fresco
Tribunal Vogalía: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Alejandro Molares Rodríguez
ResumoO deseño, dimensionado e fabricación de compoñentes para conseguir un sistema que reúna todos os compoñentes de maneira harmónica e funcional é, canto menos, un reto. Por iso, este Traballo de Fin de Grao pretende desenvolver unha arquitectura de cadea de tracción eléctrica flexible para servir de base para diferentes tipos de vehículos. Este estudo inclúese dentro dun proxecto de desenvolvemento de vehículo agrícola, tomándose este como referencia para o modelado e ensaio. Estúdase e caracterízase o funcionamento de diferentes tractores de combustión interna existentes, así como os eléctricos de vangarda. Ademais, grazas ao uso do software de simulación virtual AVL Cruise-M, avalíanse diferentes comportamentos e condicións de ensaio baixo distintas casuísticas que, de ser executadas en condición real, resultaría de alta complexidade en materia de tempo e custo. A elección da máquina eléctrica ou o deseño da transmisión adecuada son puntos chave deste traballo, centrándose en parámetros como par, potencia, zonas de traballo e eficiencia, pero mantendo o principal obxectivo da portabilidad entre plataformas. Realízanse ensaios con diferentes ciclos de traballo para comprobar e comparar o funcionamento do sistema e seleccionar e dimensionar os correctos compoñentes. Proporciónase unha arquitectura con base nos resultados e a análise de datos posteriores, baixo as premisas citadas.
Volver