Secretaría Uvigo - Contribucións ao estudo e mellora de intercambiadores de calor para a xestión térmica do vehículo eléctrico mediante software cfd.

Contribucións ao estudo e mellora de intercambiadores de calor para a xestión térmica do vehículo eléctrico mediante software cfd.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Christian Gil Pereira
Titoría: Jesús Vence Fernández
Tribunal Vogalía: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Alejandro Molares Rodríguez
ResumoA eficiencia térmica xoga un papel fundamental no contexto da refrixeración dos vehículos eléctricos. A xestión adecuada da temperatura nos sistemas de propulsión eléctrica axuda a maximizar o alcance, a duración da batería e o rendemento xeral do vehículo.
O Adjoint soler de Ansys Fluent é un complemento recentemente incluído no software CFD que permite, segundo parámetros de cálculo iterativo, optimizar xeométricamente unha malla 2D ou 3D, adaptándose a obxectivos e restricións impostas previamente.
Este traballo trata de determinar a aplicación real do "Adjoint Solver" á mellora da eficiencia nos sistemas de refrixeración das baterías dos vehículos eléctricos.
O módulo de optimización abordase dende unha xeometría simplificada do intercambiador de calor. Trátase de cambiar a xeometría pedindo as esixencias de mellora da caída de presión no intercambiador e a diminución da temperatura máxima rexistrada na superficie quentada.
O comportamento do módulo avalíase tanto ante cada variable por separado como a esixencia de optimización de ambas variables simultaneamente.
En ambos os casos, compárase o comportamento ante requirimentos de distinta magnitude, así como a constancia dos resultados cando se enfrontan a datos de entrada idénticos.
Unha vez determinado o comportamento do "Adjoint Solver", pásase a unha xeometría máis afín á realidade para realizar a súa optimización e verificar a aplicación do modelo a un caso real.
Volver