Secretaría Uvigo - Mellora enerxética dunha vivenda unifamiliar. Subministro enerxético solar térmico para auga quente sanitaria e solar fotovoltaico conectada á rede.

Mellora enerxética dunha vivenda unifamiliar. Subministro enerxético solar térmico para auga quente sanitaria e solar fotovoltaico conectada á rede.

Data de defensa15/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Sueiro Domínguez
Tribunal Vogalía: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Alejandro Molares Rodríguez
ResumoO proxecto consiste en mellorar a eficiencia enerxética dunha vivenda unifamiliar e reducir os custos económicos dos seus consumidores, contribuíndo a un mellor aproveitamento da enerxía, podendo exportar esta idea a outras vivendas xa construídas.
Este proxecto centrarase en dúas liñas de traballo: unha instalación solar térmica para consumo de auga quente sanitaria (ACS) e unha instalación solar fotovoltaica conectada á rede.
Por unha banda, o que se propón neste traballo é aproveitar a radiación solar e obter unha achega enerxética para o consumo de auga quente sanitaria (ACS) mediante unha instalación solar térmica. Este sistema axudará a reducir as horas de uso e consumo de combustibles fósiles (Diésel) na caldeira xa instalada.
Por outra banda, preténdese realizar unha instalación solar fotovoltaica conectada á rede eléctrica. Pode haber tres situacións posibles.
? Se hai suficiente radiación solar, a vivenda consumirá a enerxía xerada pola instalación solar fotovoltaica.
? Se a radiación solar non é suficiente, a enerxía tomarase da rede eléctrica.
? Se hai máis xeración de enerxía que consumo, o excedente verterase á rede eléctrica.
Isto contribuirá ao uso de enerxía máis limpa.
Volver