Secretaría Uvigo - Clasificador de movementos para protése de man controlada por sEMG.

Clasificador de movementos para protése de man controlada por sEMG.

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ángel López Campos
Tribunal Vogalía: Manuel Cabaleiro Núñez
Secretaría: Miguel Concheiro Castiñeira
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoAs próteses creáronse co obxectivo de substituír unha parte danada ou faltante do corpo humano. Ao longo da historia, pretendeuse que estas reproduzan o máis fielmente posible a función orixinal do membro ao que substitúen. Actualmente, tanto en substitucións de extremidades superiores como inferiores, o método que se está a desenvolver e que reproduce máis fielmente o proceso fisiolóxico do movemento muscular son as próteses robóticas controladas por electromiografía. Na produción dun movemento fisiolóxico envíase un sinal desde o cerebro ata os músculos actuadores, que son os encargados finais do movemento pertinente mediante a súa contracción. Alternativamente, en próteses controladas por electromiografía recóllense os sinais procedentes da contracción dos músculos actuadores utilizando sensores de electromiografía e, tras un preprocesado dos ditos sinais, cargándense os sinais simplificado a un algoritmo clasificador que determina o movemento que a persoa afectada quere realizar, sendo, neste caso, os motores da prótese robótica os encargados do movemento, e non os músculos. O obxectivo principal deste traballo de fin de grao é desenvolver un algoritmo clasificador de movementos seguindo a estratexia de recoñecemento de patróns electromiográficos que sexa funcional, para que, nun futuro próximo, sexa posible implementalo nunha prótese robótica de man controlada por electromiografía de superficie (sEMG) que sexa capaz de clasificar movementos en tempo real segundo o que demande a persoa afectada co menor erro posible.
Volver