Secretaría Uvigo - Avaliación da interacción e axuste de biopróteses de válvula aórtica mediante métodos de simulación numérica

Avaliación da interacción e axuste de biopróteses de válvula aórtica mediante métodos de simulación numérica

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ángel López Campos
Tribunal Vogalía: Manuel Cabaleiro Núñez
Secretaría: Miguel Concheiro Castiñeira
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoA estenose da válvula aórtica é a patoloxía valvular máis común. O seu tratamento, tradicionalmente, realizase mediante procesos cirúrxicos de substitución valvular, altamente invasivos e perigosos.

Esta patoloxía afecta principalmente á poboación de idade avanzada, non obstante, na maioría dos casos, a fraxilidade fisiolóxica e as comorbilidades fan que a substitución cirúrxica non poida realizarse polo gran risco que supón. É por isto que buscaronse e desenvolveronse alternativas como a tecnoloxía TAVI.

O desenvolvemento da tecnoloxía TAVI (transcaterter aortic valve implantation) abriu novas portas para o tratamento desta patoloxía dun xeito moito menos invasivo e perigoso. Esta baséase en introducir a prótese valvular a través dun catéter e colocala directamente sobre a válvula danada, eliminando boa parte dos riscos asociados á propia intervención tradicional.

Dado que non está suturada, o seu axuste e fixación ao tecido son fundamentais e debido á variabilidade anatómica entre pacientes, o axuste da prótese na aorta de cada paciente é un aspecto que debe ser estudado en profundidade para garantir o éxito da mesma.

É polo anterior que estudar a interacción biomecánica e o comportamento deste tipo de próteses para conseguir un axuste óptimo convértese unha necesidade importante. Mediante modelos de simulación de elementos finitos, estudarase como a prótese Allegra da empresa New Valve Technologies se axusta a unha xeometría concreta, obtida dun paciente real, facendo tamén unha comparación entre os tres tamaños diferentes dispoñibles para ela.
Volver