Secretaría Uvigo - Estudo de sistemas e modelos de captación de movementos mediante optometría con aplicación no ámbito deportivo

Estudo de sistemas e modelos de captación de movementos mediante optometría con aplicación no ámbito deportivo

Data de defensa14/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ángel López Campos
Cotitoría: Sofía Suárez García
Tribunal Vogalía: Manuel Cabaleiro Núñez
Secretaría: Miguel Concheiro Castiñeira
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
ResumoOs sistemas de captura de movemento, chamados sistemas MoCap, son unha ferramenta moi útil nunha gran variedade de campos. Estes sistemas empréganse en aplicacións robóticas, cinematográficas, médicas e deportivas. Ademais, existen diferentes tipos de sistemas de captura de movemento como son os sistemas ópticos e sistemas inerciales.
Para a realización deste traballo empregaremos sistemas ópticos de captura de movementos aplicándoos ao ámbito deportivo e querendo enfocalo nun futuro na mellora da técnica dos exercicios e manexo dos aparellos na ximnasia rítmica, procurando tamén evitar o risco de lesións durante a práctica deste deporte.
Durante este traballo cubrirase todo dende a preparación da posta a punto, que inclúe a preparación das cámaras para captar a localización dos sistemas ópticos pasivos e a súa calibración, a colocación dos devanditos marcadores mediante dous métodos diferentes, ata o procesamento do datos obtidos tras a captura de movementos.
Cos sistemas MoCap podemos reproducir virtualmente os movementos dun individuo real grazas á colocación estratéxica de marcadores e grazas a software como Vicon Nexus 2.12.0 e OpenSim. Deste xeito, pódense estudar os parámetros biomecánicos de interese.
Volver