Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun banco de ensaios de intercambiadores de calor para refrixeración líquida de dispositivos electrónicos.

Desenvolvemento dun banco de ensaios de intercambiadores de calor para refrixeración líquida de dispositivos electrónicos.

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Rubén Diz Montero
Titoría: José Ignacio Iglesias Prado
Tribunal Vogalía: Francisco Rodríguez Castro
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: Iria Feijoó Vázquez
ResumoO crecemento significativo da industria electrónica nos últimos anos acentuou a problemática derivada da refrixeración de tales dispositivos. A cada vez maior miniaturización dos semiconductores conlevou un aumento dramático da xeración de calor, o que acurta a súa vida útil e fai empeorar o seu rendemento. Actualmente, os métodos convencionais para a disipación de calor empregan aire como medio de intercambio de calor, o cal posúe baixos coeficientes de convección, que impiden a retirada de toda a enerxía térmica emitida polo dispositivo. Unha alternativa que se propuxo nos últimos anos é o emprego de nanofluídos para o seu uso en sistemas de refrixeración líquida de dispositivos electrónicos. Estes nanofluídos son dispersións de materiais nanométricos en determinados fluídos base e presentan propiedades físicas melloradas para a tranferencia de calor.

Para verificar esta mellora dos nanofluidos na disipación de calor, este Traballo de Fin de Grao encargarase de estudar o proceso de transferencia de calor dun sistema de refrixeración líquida de dispositivos electrónicos mediante fluídos convencionais e/o nanofluidos. Para lograr tal fin, desenvolverase experimentalmente un banco de ensaios que permita analizar a influencia de diferentes parámetros de interese na transferencia de calor. En primeiro lugar, se selecionarán os compoñentes hidráulicos, electrónicos e de instrumentalización para o seu posterior deseño do banco de ensaios. Seguidamente, efectuarase a montaxe do mesmo, así como a súa posta a punto e validación. Por último, faranse probas con fluídos convencionais e/o nanofluidos para determinar o seu comportamento no proceso de transferencia de calor. Adicionalmente ao desenvolvemento do banco de ensaios, simularase numericamente o proceso de intercambio de calor con software de dinámica de fluídos computacional. Finalmente, a simulación validarase mediante a comparación cos resultados obtidos experimentalmente.
Volver