Secretaría Uvigo - Estudo da calor liberada debido ao comportamento magnético de nanopartículas de ferrita de cobalto ao aplicar un campo magnético alterno e as súas aplicacións en nanoterapia

Estudo da calor liberada debido ao comportamento magnético de nanopartículas de ferrita de cobalto ao aplicar un campo magnético alterno e as súas aplicacións en nanoterapia

Data de defensa13/09/2023
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Verónica Salgueiriño Maceira
Tribunal Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: Iria Feijoó Vázquez
Vogalía: José Ignacio Iglesias Prado
ResumoAs nanoterapias demostraron un gran potencial no campo da biomedicina ao ofreceren novas estratexias terapéuticas e posibilitaren tratamentos máis eficaces e personalizados cando se combinan con quimioterapia. Isto é posible grazas á enxeñaría biomédica, que xoga un papel fundamental na súa optimización e desenvolvemento ao evaluar, por exemplo, a eficacia e seguridade das terapias magnéticas, ámbito no que se centra este traballo. O devandito traballo é un estudo sobre o comportamento magnético de nanopartículas de ferrita de cobalto e a súa consecuente liberación de calor ao aplicárselle un campo magnético alterno externo.
As nanopartículas de ferrita de cobalto sintetizáronse mediante o método de coprecipitación química de Massart e, posteriormente, caracterizáronse mediante técnicas como a microscopia electrónica (TEC), a espectroscopia Raman e a difracción de raios X (XRD), para determinar o seu tamaño medio, forma e estrutura cristalina.
Finalmente, analizouse o seu comportamento magnético utilizando un magnetómetro indutivo. Os resultados obtidos comparáronse co incremento de temperatura medido por un sistema de hipertermia, co fin de demostrar que canto máis magnéticas (en termos de valores de magnetización e coercitividade) son as nanopartículas, maior enerxía liberan en forma de calor ao aplicárselle un campo magnético alterno.
Volver